19/04/2011

Estreamos blog con próximas citas en Sada e Madrid


A CA. Ollo de Vidro estrea blog nunha primavera cargada de boas novas, xa que a nosa produción Camiño da Memoria está seleccionada no concurso de curtas de Obra Social Caja Madrid e no festival de curtas do concello de Sada. En ambos certames será exhibida e competirá coma mellor curta de ficción. 


En Madrid, proxectarase Camiño da Memoria en La Casa Encendida na primeira semana de maio, lugar onde o día 5 se anunciarán os gañadores durante o transcurso da gala.
http://www.obrasocialcajamadrid.es/os_cruce/0,0,98428_400103_98534%24P1%3D823,00.html

O martes 26 ás 20 hs exhibirase Camiño da Memoria na Casa da Cultura de Sada, e a decisión do xurado e Gala de Premios terá lugar o domingo 30 de abril.
http://festivaldecurtasdesada.com/